Portos saca a licitación a primeira fase da reordenación do peirao de Palmeira

RIBEIRA> A Consellería do Mar presentou en Palmeira a primeira fase do proxecto de reordenación do porto da localidade. A actuación, baseada no anteproxecto deseñado pola Fundación Ría, implicará a reordenación do tráfico, a  eliminación de barreiras visuais e a recuperación do vínculo co mar.

Portos de Galicia sacou a licitación a primeira fase da reordenación do porto de Palmeira que consistirá na urbanización do paseo exterior.

O proxecto, baseado polo anteproxecto realizado pola Fundación RIA, busca mellorar a mobilidade no porto o tempo que fai a dársena máis operativa para os usuarios e atractiva para os veciños e visitantes.

Ademais da reordenación do porto, o anteproxecto da fundación Ría propón actuacións noutros puntos de Palmeira como a estrada Ac-305 ó seu paso pola localidade. O obxectivo é integrar a travesía no pobo dotando de maior protagonismo ós peóns fronte ós vehículos.

Ademais das representantes da Consellería e da Fundación Ría asistiron á presentación do anteproxecto numerosos veciños e representantes de diversas entidades da parroiquia así como varios membros da corporación municipal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí