SANXENXO> Un mozo de Sanxenxo pon en valor o patrimonio local a través dos Free Tours. Unhas visitas guiadas pola vila onde os visitantes pagan o que consideren ao rematar a ruta. Os seus percorridos permiten coñecer toda a historia de Portonovo dun xeito diferente.
A oferta paisaxística e patrimonial que ofrece Sanxenxo é moi variada e as posibilidades de coñecelas son amplas. Unha delas corre a cargo de Andrés Rodiño, un mozo da vila formado como guía turístico que puxo en marcha os Free Tours. Unhas visitas guiadas pola vila na que os participantes pagan o que consideran.
As súas principais rutas céntranse en Portonovo. Os free tours permiten coñecer a vila de Portonovo e a súa historia dunha maneira diferente.
As rutas se non só permiten coñecer os paisaxes e a historia de Portonovo, se non tamén lendas como as visitas de piratas.
Ante o bo trato recibido polas visitas, Andrés estudará a posibilidade de ampliar os Free Tours a outros puntos de Sanxenxo e incluso a Combarro. Os interesados en apuntarse poden facelo a través da web www.sanxenxotours.com.