O espectáculo do ciclocross volve a Campañó coa quinta edición do Trofeo Concello de Pontevedra

PONTEVEDRA> O espectáculo do ciclocross volve esta fin de semana a Campañó coa celebración da quinta edición do Trofeo Concello de Pontevedra. A proba vai ter lugar este vindeiro sábado e está incluída na Copa Galicia de Ciclocross. A organización agarda xuntar máis de 300 ciclistas chegados de toda Galicia.

O espectáculo está garantido na quinta edición do Trofeo Cidade de Pontevedra de Ciclocross que se organiza este vindeiro sábado no Hipódromo de Campañó. A proba está organizada polo Club Deportivo Pinarium. O circuito, de máis de 2.500 metros, mantén a esencia de edicións anteriores.

A proba está dentro da Copa Galicia de Ciclocross organizada pola Federación Galega de Ciclismo e que é puntuable para o ránking da Real Federación Española. A organización conta con supera-los 300 ciclistas.

De novo, a Comunidade de Montes de Campañó cede os terreos para poder celebra-la proba. O seu presidente celebra que o monte sirva tamén para este tipo de eventos.

O Concello de Pontevedra patrocina a proba. Un evento que, por certo, vai ter lugar escasos días antes doutra gran cita deportiva na cidade: o Campionato de España de Ciclocross da categoria internacional C1. Esa proba, por certo, vai ter lugar o 9 de outubro na Illa das Esculturas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí