RIBEIRA> O PSOE de Ribeira demanda o traslado da sede de Protección Civil trala peonalización das rúas do centro que limitan os accesos ás intalacións. Propoñen que se emprace nunha nave que o concello adquiriu recentemente en Cruxeiras.
As obras de humanización que se desenvolven no centro urbano deixarán sen operatividade á sede de Protección Civil emprazada no baixo do concello. Así o entenden os socialistas posto que a entrada e saída dos vehículos deberá facerse pola peonalizada avenida Rosalía de Castro.
Propoñen como alternativa unha nave que o concello vén de adquirir no lugar de Cruxeiras, ben situada pola súa proximidade con Xarás que dá acceso a tódalas parroquias do municipio.
Ademais de mellorar as condicións de traballo do GAEM, o traslado implicaría a recuperación dun espazo importante para a casa consistorial que podería ser destinada a outros usos más axeitados.