O marisco da Illa, ‘Un pracer na túa boca’

A ILLA> A Illa de Arousa inaugura a campaña do marisco baixo o lema “un pracer na túa boca”. Con esta promoción, a confraría do municipio e a OPP20 enxalzan os produtos do mar do concello insular.

“Un pracer na túa boca”. Con este lema a confraría da Illa de Arousa e a organización de produtores de Marisco e Cultivos Mariños de Pontevedra presentan a nova campaña de marisco da Illa. Unha promoción para poñer en valor os produtos do mar do concello insular.

O sector do mar é a principal fonte de ingresos de moitas familias da Illa de Arousa. De aí a importancia de promocionar o seu produto.

No acto estivo presente a conselleira do mar. Dende a Xunta puxeron en valor a calidade do marisco e o traballo realizado polo sector durante a pandemia.

A esta promoción tamén se sumou a Deputación de Pontevedra. Dende o organismo provincial destacaron a importancia dos produtos locais.

No acto de inauguración da campaña reproducíronse os vídeos campaña do 2020 e presentouse o do 2021. A xornada rematou cunha degustación dos produtos locais.