SANXENXO> Sanxenxo vive unha ponte do Pilar cheo ata a bandeira. A maioría dos establecementos hoteleiros colgan o cartel de ‘completo’, superando nalgúns casos incluso as cifras do 2019. Nesta ponte, está operativo o 80% do sector que á vista dos bos datos, pensa xa na ponte de Defuntos.
Sanxenxo vive unha ponte do Pilar ateigado de visitantes. Na localidade está operativo nestes momentos o 80% do sector hosteleiro, congando o cartel de cheo en practicamente todos os negocios.
Ao tratarse dun festivo nacional, a maioría do público provén de España. Tamén moito tirón o turismo interior, sacándolle partido ao bono turístico da Xunta. Os datos tamén son bos nas vivendas turísticas da localidade, tamén cunha ocupación do 100%. Neste caso, muda un pouco o perfil, cun maior peso do turismo estranxeiro.
O alcalde de Sanxenxo celebra o tirón de Sanxenxo nesta ponte, coa vista posta xa nas seguintes citas festivas.
Ao tirón de Sanxenxo hai que engadir tamén o bo tempo, que acompaña nesta ponte. Para mañá, día festivo, a localidade gozará dunha xornada de ceos azuis e temperaturas máis que agradables para este época do ano.