Máis demanda e máis caro: a covid mudou o mercado inmobiliario en Sanxenxo

SANXENXO> O prezo por metro cadrado dunha vivenda de segunda man é máis elevado en Sanxenxo que en 44 capitais de provincia de España. Un piso de dous dormitorios custa uns 200.000 euros na localidade, un aumento de prezo motivado pola pandemia. Nas inmobiliarias explican que a covid fixo que aumentase a demanda e que moitos busquen no ladrillo unha saída aos seus aforros. De todas formas, cren que se trata dunha situación puntual.

A pandemia mudounos a vida e trouxo tamén cambios no sector inmobiliario. En Sanxenxo, por exemplo, detestouse un incremento da demanda de pisos trala chegada da covid. E a máis demanda, máis prezo.

O incremento dos prezos fai que o prezo por metro cadrado dunha vivenda usada en Sanxenxo estea por riba de 44 capitais de provincia de España. Segundo un estudo, nestes momentos rolda os 2.600 euros, só superado por por grandes urbes como Donostia, Madrid ou Barcelona.

Os profesionais do sector auguran que este será un bo ano. Nestes momentos xa hai máis movementos que noutros anos, pero a vista está posta na primavera.

Ademais da demanda de pisos e apartamentos, nesta inmobiliaria tamén detectaron un maior interese polas vivendas unifamiliares con xardín. En canto ao perfil do que busca propiedade, ademais de galegos procedentes de zonas do interior, mantéñense como principais clientes os manchegos, madrileños e portugueses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí