VILANOVA> 10 alumnos do Plan Integrado de emprego da Mancomunidade do Salnés fórmanse no sector vitivinícola. Os participantes coñeceron todos os traballados que se realizan nas diferentes áreas dunha adega: dende a elaboración do viño ata as estratexias do enoturismo. O plan integrado de emprego está preto de rematar e os contratos realizados xa superan o 91%.
O plan integrado de emprego da mancomunidade do Salnés permite a 100 persoas desempregadas formarse en diferentes sectores empresarias. A súa oferta de cursos varía dende traballos tradicionais a novas tecnoloxías. Un sector que mestura ambas áreas é o vitivinícola. Por iso, e por segundo ano consecutivo, a mancomunidade en colaboración con Condes de Albarei celebrou o curso de elaboración de viños.
O curso tivo unha duración de 60 horas. Os 10 alumnos participantes acadaron unha formación que lles permitirá traballar no sector vitivinícola.
Dende a adega destacan a actitude dos alumnos, con participantes que presentaron propostas para desenvolver proxectos en colaboración coas adegas.
O plan integrado de emprego da mancomunidade do Salnés esta preto de chegar ao seu final e de novo pode bater o seu récord. Xa que a falta de tres semanas os contratos acadados superan o 91%.