Camados celebrará o primeiro foro de mar onde analizar e debater as problemáticas do sector

CAMBADOS> Cambados celebrará a primeira edición do foro do mar. Un espazo de reflexión e debate sobre os aspectos que rodean aos traballos do mar. O foro terá lugar o día 11, organizado por Agtamar Upta, e contará con expertos da materia a nivel nacional e autoridades como o ministro de seguridade social José Luís Escrivá.

O concello de Cambados acollerá a primeira edición do Fodo do Mar. Un espazo, organizado por Agtamanr Upta, para o debate e a reflexión sobre os problemas que rodean aos traballos do mar. Á xornada achegaranse expertos e autoridades como o ministro Escrivá para coñecer de primeira man a situación do sector.

O foro terá lugar o día 11 no parador de Cambados. As diferentes mesas e relatorios que se organizará irán destinadas a tratar temas como a protección social, a igualdade, as enfermidades profesionais, os riscos laborais ou a sustentabilidade do sector.

Ademais de tratar temas do sector en global, esta primeira edición centrarase nas mariscadoras.

Dende o concello de Cambados mostraron a súa satisfacción por acoller un foro que agardan que axude ao sector do mar a mellorar as súas condicións laborais.

O foro celebrarase no Parador de Cambados a partir das 12 do medio día. Os interesados en asistir teñen que dirixirse aos teléfonos e redes sociais de Agtamar Upta para adquirir o seu pase.