CAMBADOS> Cambados recorrerá no contencioso administrativo as taxas de 50 mil euros que Portos lle reclama polo uso do Salón Peña. Ambas administración racharon as negociacións e polo momento o concello non poderá utilizar as instalacións. dende o goberno local solicitaron unha reunión urxente á consellería do mar para que medie nas negociacións e firmar un novo convenio.
As negociacións entre o concello de Cambados e Portos de Galicia polo uso do Salón Peña están totalmente rotas. O goberno local quere firmar un novo convenio e rexeita unha nova autorización provisional. Ademais o bipartito acudirá ao contencioso administrativo debido á reclamación de 50 mil euros que a autoridade portuaria lle reclama polo uso do salón.
Dende o concello presentarán un escrito á consellería solicitándolle que medie nas negociacións. O goberno local quere firmar un convenio con Portos no que se estableza claramente os usos e os custos do Salón.
O convenio incluiría as taxas que Portos debería pagar polo mantemento que o concello fai dos seus terreos como é o caso dos coidados do propios salón, do parque ou do paseo. Tamén advirten que non permitirán que o Salón Peña pase a mans privadas.
A contestación de Portos de Galicia non se fixo agardar. Dende a autoridade portuaria tenderon a man ao concello para que manteña a concesión da instalación. Lembran ao concello que o canon económico pode estar subvencionado ao 100% sempre e cando se xustifique que uso do Salón estará destinado a actividades de carácter público e que non xeren beneficio económico.