CAMBADOS> Cambados mellora as rúas Caamaño Bournacell, Beleco e Carballeira. Na intervención pavimentáronse as estradas, construíronse beirarrúas e melloráronse as redes de pluviais e saneamento. O proxecto tivo un custo de 45 mil euros.
O concello de Cambados coa financiación do plan concellos da deputación de Pontevedra levou a cabo a mellorar de tres rúas do centro da vila. As vías onde se realizaron as reformas foron Caamaño Bournacell, Beleco e Carballeira. En cada unha deles leváronse a cabo diferentes melloras.
A intervención tivo un custo de 45 mil euros e afectou a unha zona de máis de 1200 metros. No caso da rúa Carballeira, as beirarrúas mellorarán a comodidade e seguridade da veciñanza.
As melloras eran unha vella demanda da veciñanza que a partir de mañá verá as súas rúas totalmente reformadas.
A zona que queda sen mellorar farase nas vindeiras datas. Este proxecto unirase a outros como o da construción das beirarrúas da Rúa Nova e a outra a reforma da praza de San Gregorio.