Cambados lanza unha campaña para concienciar sobre a acollida responsable das mascotas do refuxio

CAMBADOS> Cambados involúcrase na adopción de animais abandonados. Concello e refuxio lanzan unha campaña para concienciar á xente sobre a importancia de non renunciar ás mascotas e para fomentar a adopción. A protectora cambadesa conta con 47 animais que buscan fogar tras rexistrar este ano o seu récord de abandonos con preto de 320.

Un dos concellos máis comprometidos co acollida de animais é o de cambados. Concello e refuxio traballan man a man para atopar un fogar aos cans e gatos abandonados do municipio. Continuando con esta labor, ambas entidades lanzan a campaña adopta un animal de compañía.

Dende o refuxio de animais destacan a importancia de adoptar con responsabilidade. Un dos requisitos para poder dar un fogar a algunha das mascotas do centro, xa que a dirección da protectora realizar un cuestionario aos interesado para coñecer a situación na que se atopará cada can ou gato.

Para aquelas persoas que teñan dúbidas, dende a protectora sinalan os beneficios de contar cun animal de compañía.

A campaña de adopción e de concienciación é vital para o refuxio de animais de Cambados nun ano no que están acadando o récord de animais abandonados con preto de 320. Deles, na actualidade hai 47 cans e gatos no centro agardando que unha familia lles dea unha segunda oportunidade.