O CIM do Salnés, un servizo ás mulleres que nin o coronavirus detén

O SALNÉS> A violencia machista non se detén polo coronavirus. Durante o primeiro estado de alarma, o CIM do Salnés atendeu a 21 mulleres que denunciaron por malos tratos. A covid fai tamén que este ano os actos do 25N sexan diferentes. Este ano dende a Mancomunidade queren visibiliza-lo traballo das profesionais do CIM que estiveron ó pé do canón incluso no peor da pandemia.

Un servizo disposto a axudar ás mulleres vítimas de malos tratos sempre, pase o que pase. O CIM mancomunado do Salnés, que para esta servizo a Ribadumia, Meis, Vilanova e Cambados, non se detivo nin nos meses máis duros de confinamento. Durante o primeiro estado de alarma atenderon a 21 mulleres.

Ás portas dun atípico 25N, o CIM da Mancomunidade do Salnés quere visibilizar así a súa incesante actividade.

Como nesta ocasión, o CIM non poderá organizar nin obradoiros nin charlas, apostaron pola creación dun vídeo divulgativo, pensado especialmente para os centros educativos.

Os concellos que forman parte do CIM manterán a súa tradición de dar lectura a un manifesto de rexeitamento da violancia contra as mulleres. Iso si, nesta ocasión, será difundido a través das redes sociais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí