CALDAS DE REIS> O alcalde de Caldas de Reis estivo esta semana en Madrid para manter unha reunión con responsables de Fomento cos que tratar diferentes necesidades que demanda a vila. Juan Manuel Rey valora positivamente esta xuntanza e afirma que redundará no ben común.
Juan Manuel Rey estivo esta semana en Madrid. Alí o alcalde de Caldas reuníuse con responsables da dirección xeral de Estradas na que tratou diferentes temas que afectan a ambas administracións, e que segundo afirmou o rexedor “foi altamente positiva”.
Rey conseguiu a cesión ao concello da estrada 640, que permitirá a dignificación da entrada a finca municipal da Cascada, e que tamén permitirá a ordenación do tráfico e a creación dun aparcamento.
O arranxo da ponte da Ferrería foi outro dos puntos que se trataron nesta xuntanza entre os representantes estatais e o caldense.
Unha reunión intensa na que se trataron ademais a mellora da glorieta da 550 a altura do cruce do Outeiro ou a famosa xa variante de Caldas. Esta última un dos motivos principais para manter esta reunión, xa que é moi necesaria para o municipio e que tal e como afirmou Juan manuel Rey marcará o rumbo do concello nos vindeiros mandatos. O rexedor sinalou que a este respecto inclúese unha partida de 12.000 euros para realizar un estudo sobre a mesma.
Inicio CALDAS