A xunta instala un botón de alarma nas escolas unitarias para que o alumnado alerte das emerxencias

MORAÑA> As escolas unitarias galegas contarán cun botón de alarma sanitaria. Os pequenos poderán pulsalo para contactar directamente co 061 en caso de que o mestre sufra algún problema. Esta é unha das melloras de atención sanitaria nas aulas que se inclúen dentro do convenio que asinaron en Moraña as consellerías de educación e sanidade.

A escola de educación infantil de Moraña acolleu a sinatura dun convenio entre as consellerías de educación e sanidade para mellorar a atención sanitaria nas aulas. Entre as iniciativas que inclúe este acordo, destaca o botón de alarma. Unha medida implantada nas escolas unitarias para que os nenos e nenas contacten directamente co 061 en caso de que o mestre sufra algún problema.

Este sistema permitirá que a persoa sexa atendida á vez que os escolares non quedan sen atención nas aulas.

No convenio tamén se inclúen melloras na alerta escolar RCP nas aulas. Unha iniciativa pioneira en España para a atención do alumnado que sufran patoloxías crónicas.

No que vai do ano o 061 recibiu 1400 chamadas nas aulas galegas, das cales o 66% puido asistirse nas aulas grazas á alerta escolar RCP. Pola súa parte, o botón de alarma, está instalado xa en 150 escolas unitarias galegas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí