O embaixador de Venezuela en España visita a fábrica de Extrugasa

extrugasa100.jpgVALGA> O empresario Andrés Quintá progresa no seu proxecto de instalar unha base operativa en Venezuela para abrirse camiño no mercado latinoamericano.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_venezuela.flv{/flowplayer}

VALGA> O grupo Quintá busca abrir novos mercados en América Latina e no seu punto de mira está Venezuela.

O presidente da compañía, Andrés Quintá, tivo oportunidade de presentarlle a súa empresa ó embaixador de Venezuela en España, Julián Isaías Rodríguez Díaz. A visita fíxose onte á tarde na fábrica de Extrugasa, no concello de Valga, onde o embaixador puido comprobar a capacidade produtiva da compañía.

Acompañado pola cónsul en Vigo, Mónica Chacín Fuenmayor, e outros representantes do corpo diplomático venezolano, Rodríguez Díaz percorreu as instalacións de Extrugasa e recibiu información sobre algunhas das patentes e produtos máis novos. Nesta visita tamén participaron responsables da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, encabezados polo seu presidente Javier Puertas, amais do alcalde de Valga, José María Bello Maneiro.

O empresario Andrés Quintá sinalou que proxecta construír unha filial na República Bolivariana de Venezuela. Sería unha empresa mixta, que contaría con colaboración do goberno bolivariano. Quintá indicou que as negociacións están moi avanzadas polo que pretende sacar adiante esta filial a corto prazo. O que está inda por definir é o lugar onde se asentaría esta empresa, inda que se baralla o estado de Sucre ou Ciudad Bolívar.

O empresario de Valga lembra que mantén unha boa relación coa embaixada venezolana desde 1999 e asegura que están moi interesados nos produtos de arquitectura do aluminio e nas plataformas mariñas para o cultivo de moluscos e peixes. Cre tamén que Venezuela se atopa nun bo momento para que as compañías españolas invistan alí. Ademais, considera que o asentamento nese país lle permitirá a Extrugasa abrir novos mercados e intensificar a súa exportación ó resto de América Latina.

Redacción Salnés