A Xunta e o concello de Catoira melloran as gradas e o terreo de xogo do campo das Lombas

CATOIRA> Rematan as obras de mellora do Campo de fútbol das Lombas de Catoira. A intervención tivo un custo de preto de 240 mil euros. Foi financiada polo concello e a Xunta a través do fondo de cooperación do instituto galego de vivenda e solo.

Con este saque de honra, a consellería de medio ambiente inauguraba as reformadas instalacións do campo das Lombas de Catoira. A Xunta e o concello levaron a cabo unha obra que serviu para mellorar as gradas, os vestiarios e o terreo de xogo.

A obra tivo un custo de preto de 240 mil euros, financiados polo concello grazas á colaboración da Xunta co fondo de cooperación do instituto galego de vivenda e solo.

Dende ambas administracións destacaron a importancia destas melloras para o goce dos veciños de Catoira e para o propio club da vila.

O campo rematouse no prazos establecidos e o equipo de Catoira xa puido probar as novas instalacións durante esta semana. Trala inauguración oficial de hoxe, o campo xa está preparado para que o Catoira en todas as súas categorías comece as competicións deportivas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí