A confraría dos viños Rías Baixas investiu este fin de semana aos seus novos confrades

VILAGARCIA> A confraría dos viños Rías Baixas investiu este fin de semana aos seus novos confrades. Nun acto celebrado en Vilagarcía tamén se asinou o irmandamento coa confraría do viño de Canarais. Á cerimonia de investidura asistiron un total de 37 confrarías de Galicia, do resto de España, de Portugal e de Francia.

A confraría do viño rías baixas ten como principal obxectivo destacar, promover e fomentar a cultura dos viños das rías baixas. Partindo desta premisa, dende a confraría recoñecen cada ano a aquelas persoas que realizan unha tarefa importante relacionada co sector do viño. Esta fin de semana en Vilagarcía, a confraría investiu aos seus novos confrades. No decimo sexto capítulo celebrado pola confraría, os nomeados foron María José Montemuíño, Olga Verde, a xerente da adega Rectoral do Umia, o presidente de Tuneureca, Manuel Jesús García, o responsable da xerencia de Agro de Bazán, Adolfo Picáns e José Manuel Sanjurjo. Ademais José Luís Villanueva, o presidente dos parquistas de Carril recibiu o nomeamento de Confrade Emérito e José Ilario Díaz, o presidente da Confraría das Illas Canarias foi investido como Confrade de Honra.

Precisamente no acto tamén se asinou o irmandamento coa confraría do viño de Canarias. Tras realizar o ritual de unión dos dous viños, dende a confraría canaria agradeceron que contasen con eles para seguir promocionado e aumentando a familia dos amantes do viño.

Á cerimonia de investidura asistiron ademais un total de 37 confrarías chegadas de Galicia pero tamén do resto de España así como dos países veciños de Portugal e Francia. Todas recibiron unha distinción por asistir ao acto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí