As máquinas xa traballan sobre o paseo marítimo de Vilagarcía

VILAGARCÍA> Arrancaron as obras da segunda fase da rehabilitación do paseo marítimo de Vilagarcía. Esta mañá visitaron eses traballos o alcalde da cidade, acompañado do Delegado do Goberno en Galicia. O executivo central financia de xeito íntegro esta reforma, cun investimento que supera os 630.000 euros. O alcalde fala dun día de moita satisfacción para os veciños da cidade.

As máquinas xa traballan sobre este treito do paseo marítimo de Vilagarcía. A segunda fase destas obras de rehabilitación xa están en marcha. Porque, indica o alcalde, estas melloras eran moi agardadas por moitos usuarios que, ante o estado do pavimento, optaban por non pasear por aquí.

O arranque da obra adiantouse respecto ao calendario previsto. Por diante, quedan 4 meses de actuación. O resultado, será idéntico ao do primeiro treito xa rehabilitado, no que se substituíu o deteriorado pavimento de lousas de pizarra por un solado de formigón tintado moito máis resistente. A esa partida hai que sumar a da primeira fase. En conxunto, o proxecto ascende a 1,3 millóns de euros.