RIBEIRA> Na campaña participan uns 90 establecementos entre comercios, hostalería e outro tipo de sectores.
Un total de noventa establecementos, incluíndo tamén a comercios ou negocios que non forman parte da patronal local, participan este ano na campaña comercial de Nadal de Ribeira. A iniciativa comercial presentada esta mañá na propia sede da Asociación de Empresarios prolongarase ata o 6 de xaneiro. En total repartiranse 4.500 euros en premios, co sorteo de distintos vales de compra, entre eles, o máis importante, un de cincocentos euros.
Outra das novidades este ano é que os premios entregaranse en tarxetas de crédito que os gañadores poderán ir gastando naqueles comercios que desexen. Iso si deberán estar adheridos a esta campaña.
Dende o Concello incidiron na importancia deste tipo de iniciativas, que buscan fomentar o consumo local.
Tódolos gañadores tamén recibirán unha sesión de spa para dúas persoas grazas ó acordo adquirido pola patronal ribeirense coa cadea hotaleira Norat.