RIBEIRA> A ANPA Caramecheiro remitiu un escrito á Xunta denunciando a falta dun protocolo axeitado para que os alumnos poidan volver a clase con máximas garantías o próximo mércores 23 de setembro.
Moi críticos. Así se mostran dende a dirección da ANPA do Caramecheiro do IES Número 1 de Ribeira coa consellería de Educación, á que culpan dunha mala planificación á hora de organizar a volta ás clases. Dende a entidade entenden que hai unha total deixadez e neglixencia por parte da Administración Autonómica, que bota enriba das propias direccións dos centros e dos pais toda a responsabilidade.
Piden menos mamparas e máis profesores e desdobres de grupos. Para eles as únicas solucións posibles para unha volta segura as aulas. De non ser así, aseguran que prorrogarán a súa decisión de volver ás clases.
Dende a ANPA anunciaron tamén que secundarán a folga de docentes prevista para o vindeiro mércores 23.