BARBANZA> O secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, arremetía esta mañá precisamente contra a Xunta polo que está a pasar coa marea de pellets nas costas galegas.
Formoso pídelle a Rueda que deixe de mentir, e que poña dunha vez os medios necesarios para a recollida e limpeza destes residuos que están a chegar ós nosos areais.
Segundo el están a ser os concellos os que teñen que afrontar cos seus propios medios esta situación que xera moita inquedanza na sociedade galega.
Por esta razón reclámalle á Xunta maior grao de transparencia neste asunto e coa máxima celeridade posible se poña a facer o seu traballo, apuntando mesmo a necesidade de activar o nivel 2 do CAMGAL para permitir ó Goberno Central dotar dos medios necesarios á Xunta e así poder afrontar esta situación.











