O Coworking da Pobra intégrase na rede de espazos colaborativos da Deputación

A POBRA> A Deputación da Coruña aprobou a creación dun centro de coworking na Pobra que se incorporará á Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo. Impulsará unha experiencia piloto para a comercialización de excedentes alimentarios.

O pleno da Deputación dou luz verde á adhesión do coworking da Pobra á rede provincial de Espazos de Traballo Colaborativo impulsada ó abeiro do Plan de Emprego local.

O centro da Pobra consta dun espazo próximo ós 150 metros cadrados con capacidade para acoller dez iniciativas emprendedoras: o espazo Emprende con oito módulos de traballo dotados con mobiliario indicidual común e o espazo Nómadres para dous módulos destinados preferentemente para usuarios externos que non permanezan no centro de xeito continuado. Conta ademais cunha sala de reunións, un espazo de usos múltiples, cociña, zona de descanso, aseos e espazo de almacén e acceso a internet. Para dinamizar este coworking.

A Deputación achegará unha partida próxima ós 25 mil euros que permitirá a contratación dunha asistencia técnica e a posta en marcha dun campus de emprendemento que desenvolverá unha experiencia piloto. Consistirá nunha iniciativa para implicar ós veciños con terreos de cultivo destinado ó autoconsumo para a comercialización dos seus excedentes alimentarios, que se integrarán nas actividades de dinamización do espazo de coworking.

Coa incorporación do da Pobra xa son dez os centros que integran a rede de espazos colaborativos de traballo da Deputación que conta tamén con outro representante da comarca, o LabBarbanza de Boiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí