O goberno central investirá 2,1 millóns de euros no Camiño do Mar de Arousa e Río Ulla

MEIS> O goberno central investirá 2,1 millóns de euros no Camiño do Mar de Arousa e Río Ulla. A contía irá destinada a financiar o plan de sustentabilidade turística deste percorrido. A mancomunidade do Salnés xestionará estes fondos co obxectivo de destacionalizar o turismo, mellorar as sendas, dixitalizalas e expandir a promoción desta ruta do camiño.

O ministerio de Industria, Comercio e Turismo seleccionou o Plan de Sustentabilidade Turística do Camiño do Mar de Arousa e Río Ulla como beneficiario dos fondos next generation. Grazas ao traballo da mancomunidade, o proxecto recibirá un importe de 2,1 millóns de euros.

Con estes obxectivos a mancomunidade traballará en 4 eixos. Entre as súas actuacións destacan a creación dunha rede de miradoiros, a contratación dun buque escola, a restauración ambiental e a dixitalización.

Dende o goberno destacaron a proposta da mancomunidade do Salnés. Salientando a unión do mar, a tradición e a historia nesta ruta xacobea.

A financiación chegará a través de tres nulidades. Con esta axuda, os concellos non terá que aportar nada para poder desenvolver o proxecto. O tratarse de fondos europeos, a Mancomunidade deberá cumprir cos prazos de actuación de forma moi estrita.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí