Meis e a Xunta asinan un acordo histórico para construír o novo centro de saúde da vila

MEIS> O concello de Meis e a Xunta de Galicia asinan un protocolo de compromiso para a construción do novo centro de saúde da vila. O concello adquirirá os 15 mil metros cadrados do terreo da casa da Parga e cederá unha parcela á consellería para construír o ambulatorio. O resto do terreo será rehabilitado e convertido nunha zona de esparexemento.

Día histórico non concello de Meis. Despois de moitos anos loitando por un novo centro de saúde, a vila dá o primeiro paso para que a reclamación se converta en realidade. Xunta e concello asinaron un protocolo de compromiso para que a vila conte cun novo ambulatorio.

Tanto para o goberno local como para a consellería, a parcela do terreo da Parga é a máis idónea para construír o novo centro de saúde.

Unha vez acadado este compromiso, o concello encargarase de mercar o terreo para a continuación cederlle unha parcela á consellería na que a xunta construirá o novo centro de saúde.

Dende o concello destacan a boa sintonía coa que se traballou coa consellería, e lamentan que o PP e o BNG da vila estivesen en contra desta terreo. Unha zona ampla que ademais do centro de saúde converterase tamén nun área de esparexemento.

Por agora aínda queda moito tempo para que Meis poida gozar do seu centro de saúde. Pero este acordo é o primeiro paso necesario que permitirá ao proxecto avanzar de fase dentro do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria da Xunta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí