Vilagarcía recibirá máis de 500 mil euros dos fondos europeos para destinar a proxectos co comercio local

VILAGARCIA> Vilagarcía recibirá 537 mil euros dos fondos nex generation para o comercio de proximidade. Estes fondos irán destinados principalmente a iniciativas relacionadas coa praza de abastos e co comercio local. A través do proxecto Vilagarcía Viva búscase unha vila máis moderna, dixital e atractiva.

Outro dos proxectos do concello de Vilagarcía, Vilagarcía Viva, contará co apoio dos fondos europeos next generation. Este proxecto que busca revitalizar o comercio de proximidade recibirá unha subvención de máis de 500 mil euros.

O obxectivo é aproveitar estes fondos para promover a modernización do tecido comercial local, facéndoo máis competitivo e eficiente, e axustado aos requisitos medio ambientais europeos. Os eixos de actuación serán a praza de abastos, o comercio local e a propia cidade.

Estas axudas permitirán ao concello continuar outro ano máis co xa citado proxecto Vilagarcía Viva desenvolvido polo Plan de Promoción e Recuperación económica de Vilagarcía. As accións irán destinadas a crear unha vila máis moderna, dixital e atractiva.

Con esta axuda, as subvencións dos fondos europeos en Vilagarcía elevarase ata os 3 millóns de euros. Xa que o concello tamén recibiu a aprobación, por un importe de 2,5 millóns, do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí