O BNG impulsa unha recollida de sinaturas para que a Xunta merque o asilo de Cambados

CAMBADOS>  O BNG impulsa unha recollida de sinaturas para que a Xunta merque o asilo de Cambados. Os nacionalistas saíron á rúa esta mañá na procura de apios entre a veciñanza. Pídenlle ao goberno galego que non mira para outro lado e asuma a compra do pazo de Montesacro para convertelo na primeira residencia pública do Salnés. A campaña de recollida de sinaturas vai continuar nos vindeiros días.

Aínda que o tempo non acompañaba, o BNG sacou á rúa a súa mesa para recoller sinaturas demandando que a Xunta compre o asilo de Cambados. Un pazo que está á venda por case tres millóns de euros.

O BNG critica a negativa da Xunta a facerse co asilo. Din que estamos anta unha oportunidade única para crea-la primeira residencia pública do Salnés.

Porque, lembra a deputada nacionalista, dende a volta do PP á Xunta esqueceuse de crear residencias de maiores públicas no Salnés.

A campaña de recollida de sinaturas vai continuar nos vindeiros días. Unha vez rematada, hanas presentar ante a Consellería de Política Social e Vicepresidencia. Ademais, lembran, van presentar unha emenda por case tres millóns de euros aos orzamentos da Xunta do ano que vén, para que o goberno galego rectifique e inclúa entre os seus plans a compra do asilo.