SANXENXO> Licítase a obra para a mellora da seguridade viaria da P0-308 en Sanxenxo. O tramo está situado entre Miradoiro da granxa e o acceso a Nanín. As obras comezarán ó final do Verán.
A Xunta está levando a cabo nos últimos anos o Plan de seguridade viaria de Galicia, dentro do cal se inclúen as melloras da PO-308. O plan céntrase nos puntos onde hai máis concentración de accidentes como é o caso do intervalo entre Miradoiro da Granxa e o acceso a Nanín, en Sanxenxo.
Neste treito da estrada a Xunta atopou 8 zonas declaradas de alto risco e nas cales se levarán a cabo as principais actuacións.
O presidente do CETS, Francisco González, consideraba necesario que dende a Xunta se reunisen co Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo para explicarlles as actuacións que se levarán a cabo.
O proxecto conta cun orzamento de 530 mi euros e as obras comezarán a final do verán ou principios do Outono.