Xornada maratoniana dos Reis Magos na cidade de Pontevedra

PONTEVEDRA> Os Reis Magos xa chegaron ás Rías Baixas. As Súas Maxestades viviron hoxe unha xornada moi atarefada, visitando tódolos concellos da nosa contorna. Na cidade de Pontevedra Gaspar, Melchor e Baltasar organizaron unha gran recepción no recinto feiral. Por alí pasaron ao longo de todo o dia ducias e ducias de rapaces, ilusionados con poder ve-los Reis.

Xornada maratoniana dos Reis Magos na cidade de Pontevedra. Ante as malas previsións meteorolóxicas, as súas Maxestades argallaron unha ampla recepción no recinto feiral, en horario de mañá e de tarde. Recibidos con tódolos honores, a golpe de trompeta, as súas Maxestades recoñecían que a de hoxe é tamén unha xornada distinta para eles.

Con todo non agochaban a súa ledicía por comparti-lo día coa rapazada pontevedresa que, polo que nos dín, portouse moi ben este ano. Tempos difíciles que, con todo, non poden coa ilusión dos máis pequenos. Eles tamén se decatan de que este ano as cousas teñen que ser distintas.

Iso si, hoxe tódolos nenos e nenas tiñan xa rematada a carta para as súas Maxestades. Tamén escribiu a súa carta o alcalde de Pontevedra, que esta mañá recibía aos Reis como se merecen. Lores pediulle a Gaspar, Melchor e Baltasar que remate canto antes a crise sanitaria.

Ademais da recepción real, houbo actividades de animación tanto no interior como no exterior do recinto feiral e tamén nas rúas do centro da cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí