PONTEVEDRA> Pontevedra xa ten aprobados os seus orzamentos para 2022. As contas saíron adiante, sen sorpresas, nun pleno extraordinario celebrado esta mañá, no que o bipartito rexeitou a emenda á totalidade presentada polo PP. O presuposto rolda os 86 millóns de euros, o máis alto da historia de Pontevedra.
O BNG e o PSdeG aprobaron esta mañá os orzamentos de Pontevedra para este ano. Foi nun pleno extraordinario, no que tamén foi rexeitada a emenda á totalidade presentada polo PP. As contas para este 2022 acariñan os 86 millóns de euros. Son as máis altas da historia da cidade.
Das contas salienta, por exemplo, o incremento da partida dos servizos sociais. O tenente de alcalde da cidade, pon o foco tamén nos capítulos de promoción económica e turismo.
Os populares, pola súa banda, cren que estes non son uns bos orzamentos para Pontevedra. Din que son improvisadas e que demostran que o bipartito está afastado da realidade.
Ademais, coincidindo co pleno, un reducido grupo de traballadores municipais concentrouse para amosa-lo seu malestar co Concello polas súas políticas de persoal. Antes da sesión, manifestáronse ás portas do Teatro Principal para, acto seguido, segui-lo debate dende a bancada do público.