CAMBADOS> A decisión de Fátima Abal de ceder a alcaldía de Cambados foi ben recibida pola oposición. Dende o partido popular consideran que a vila está peor agora que cando eles gobernaban. Mentres que dende o BNG piden ao novo alcalde diálogo e acordos se queren contar co seu apoio.
O primeiro que manifestaron os partidos da oposición de Cambados, tanto PP como Bng, ao coñecer a decisión tomada por Fátima Abal, foi o seu desexo de que se recupere dos seus problemas de saúde pero a partir de aí, as valoracións políticas foron moi negativas. Dende o Partido Popular criticaron a xestión feita pola rexedora socialista e consideran que Cambados está peor agora que hai 6 anos.
Dende o Partido popular critican a falta de policía local, a parálise do proxecto da nova praza de abastos, o peche de esperanza Salnés, a falta de obras e a perda de investimentos entre outras cousas. Luís Aragunde pide ao novo alcalde xestión e atención.
Os populares tampouco agardan que o concello mellore coa chegada de samuel lago
Dende o Bng criticaron que a falta de acordos e de negociacións do goberno que deixa Fátima Abal.
O novo líder dos nacionalistas sinala que o cambio de alcaldía non mudará a liña de actuación do BNG. Mentres non haxa un proxecto común para Cambados, apoiarán a investidura do alcalde pero non formarán parte do goberno nin cederán coa distribución dos salarios.
Liso González pídelle a Samuel Lago que goberne con coherencia e con diálogo, que teña en conta que Cambados necesita 9 concelleiros para estar en maioría.
Dende Cambados Pode e Somos Cambados tamén desexaron a recuperación de Fátima Abal pero non quixeron facer unha valoración política. Os socios de goberno agardarán a asemblea da formación que terá lugar estes días para logo facer a súa valoración.