A reforma do treito urbano da PO-308 ao seu paso por Portonovo estará rematada no verán de 2023

SANXENXO> A reforma do treito urbano da PO-308 ao seu paso por Portonovo estará rematada no verán de 2023. Esa é, cando menos, a previsión que manexan o Concello e a Xunta. O alcalde e a Conselleira de Infraestrururas asinaron esta mañá o  convenio para a humanización da vía. Ethel Vázquez di que coa actuación conseguirase transforar unha estrada perigosa nunha rúa.

Esta é a carta de presentación do proxecto de humanización da PO-308 ao seu paso por Portonovo. A actuación afecta a pouco máis de 800 metros de vía, cun orzamento que supera os dous millóns de euros. Esta mañá, o alcalde de Sanxenxo e a Conselleira de Infraestruturas asinaron o convenio que supón o pistoletazo de saída.

O proxecto contempla a renovación soterrada de tódolos servizos, máis espazo para os peóns, beirarrúas cun ancho mínimo de dous metros, zonas axardinadas e dúas glorietas para reforzo da seguridade viaria.

O alcalde de Sanxenxo, pola súa banda, pon en valor a capacidade investidora da Xunta no municipio. Di Telmo Martín que actuacións como esta non só melloran a vida dos veciños, senón tamén de todos aqueles que visitan nalgún momento a localidade.

A reforma terá un prazo de execución de 15 meses. Vai saír a licitación en marzo, polo que a intención do concello e que os trallos estean rematados antes do verán de 2023.