Galicia bota man da gastronomía e do mar na campaña ‘Galicia sabe a estrelas’

MADRID> Galicia continúa exhibindo os seus atractivos en Fitur para posicionarse coma un destino turístico internacional e seguro. Hoxe, na segunda xornada da feira, desenvolvéronse varias presentacións, entre as que destacou a campaña de promoción ‘Galicia sabe a estrelas’ coa que pretende poñer a nosa gastronomía e os produtos do mar e da terra en primeiro plano.

Galicia como paraíso gastronómico. Este é o obxectivo da campaña de promoción ‘Galicia sabe a estrelas’que a Xunta presentou esta mañá en Fitur. O Vicepresidente Primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, xunto coa conselleira de Mar, Rosa Quintana, foron os encargados de ensalzar as enormes potencialidades da nosa gastronomía.

Na presentación, para arroupar a campaña, tomaron parte tamén varios dos máis reputados cociñeiros galegos representantes dos 15 establecementos que hai en Galicia que contan con Estrela Michelín que incidiron na importancia de seguir apostando pola gastronomía.

Outra das apostas importantes da Xunta, en colaboración con Renfe é a posta en marcha dunha nova tempada dos Trens Turísticos a Galicia. Unha experiencia que aumenta en dúas rutas e tamén en prazas para atender a elevada demanda. Con estas dúas propostas a Xunta busca mellorar os bos resultados turísticos acadados por Galicia en 2021, coa mente posta na recuperación do sector, afrontando o seu segundo ano Xacobeo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí