A ‘Marca Galicia’ posiciónase na Feira Internacional de Importación de China

GALICIA> A Xunta vende a “Marca Galicia” en Xangai. O Conselleiro de Economía está estes días no país asiático participando na Feira Internacional de Importación de China. Alí exhiben os seus produtos as catorce empresas galegas que forman esta misión comercial. Hoxe celebraron o Día de Galicia.

Empresas galegas están estes días en Xangai facendo forte a Marca Galicia. Están a participar na Feira Internacional de Importación de China, unha misión comercial na que os acompaña o Conselleiro de Economía. Francisco Conde destacou que a participación de compañías de Galicia nesta cita é un fito para a nosa industria agroalimentaria.

O produto galego foi hoxe o auténtico protagonista da xornada. A feira celebrou o Día de Galicia, unha oportunidade excepcional para as 14 empresas participantes para facerse ver. China é un mercado moi atractivo; non en van, trátase da segunda economía mundial e o segundo importador e consumidor do mundo. No 2017, as exportacións galegas ao xigante asiático supuxeron case un 20%. Nos oito primeiros meses do ano, rexistrou un incremento superior ao 30%, e Galicia xa é a oitava comunidade autónoma máis exportadora de produtos agroalimentarios cara China, cun 4% do total das exportacións españolas. Ademais, o país chino representa o oitavo destino das vendas ao exterior, tanto do sector en Galicia como a nivel español.