O concello de Muros reactiva as axudas para a rehabilitación de vivendas

MUROS> O concello de Muros traballa na reactivación das axudas da Área de Rehabilitación Integral. O obxectivo é resolver a convocatoria de subvencións, paralizada dende o ano 2017, para poder optar ó Plan Rexurbe da Xunta de Galicia.

Xa dende a súa chegada ó concello, o goberno de Muros iniciou os trámites para reactivar as axudas correspondentes á ARI que a pesar de estar concedidas non foran executadas. Isto supuxo un proceso lento e farragoso no que os cambios na normativa urbanística retrasaron aínda máis o procedemento.

O obxectivo agora é promover a rehabilitación de vivendas no casco histórico da vila non só para a súa mellora estética senón tamén para dotar de maior calidade de vida á poboación alí asentada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí