NOIA> A Garda Civil de Porto do Son identificou a un menor, veciño de Ames, que presuntamente traficaba con drogas nas inmediacións dun centro de Educación Secundaria de Noia. Os axentes revisaron as súas pertenzas, entre as que atoparon unha báscula portátil de precisión e dúas pezas de haxix que ascendían a máis de 45 gramos.
Tras incautarse deste material, a Garda Civil reintegrou ó mozo ó centro educativo e procedeu á súa investigación como presunto autor dun delito contra a seguridade colectiva na modalidade de tráfico de drogas.
Tamén propuxeron para sanción a outros cinco mozos, dous deles menores de idade, por consumo e tenencia de drogas na contorna de centros educativos. As dilixencias foron remitidas á Fiscalía de Menores da Coruña.