NOIA> En Noia, o Conselleiro tamén se referiu ás medidas extraordinarias tomadas pola Xunta de cara a mellorar a atención sanitaria en verán, ante a falla de médicos, coa incorporación dos MIR.
Sanidade agarda que ó menos o 80% dos médicos internos residentes de cuarto ano da especialidade de medicina familiar e comunitaria acepten cubrir as vacantes en centros de saúde e puntos de atención continuada durante a época estival.
Gómez Caamaño sinalou ademais que a Xunta si fixo os deberes por tratar de solventar un problema como é a falla de médicos, ó contrario que o Goberno Central, que segundo el, segue sen facer o seu traballo.











