A Xunta investirá 1’5 millóns de euros na reforma do IES Fontexería de Muros

MUROS> As obras previstas no instituto muradán suporán unha remodelación integral do inmoble coa substitución da cuberta e a envolvente térmica así como a instalación dun novo sistema de calefacción e alumeado.

Este investimento vense sumar ó executado o pasado ano coa reforma do colexio Ramón de Artaza que precisaba dunha renovación integral na que se investiu tamén unha partida próxima ó millón e medio de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí