O afundimento no Canadá do pesqueiro Villa Pitanxo golpea a ría de Pontevedra

MARÍN> Nova traxedia no mar e que golpea con dureza a ría de Pontevedra. O afundimento en augas do Canadá do barco Villa de Pitanxo, con base en Marín, deixa alomenos seis falecidos e 15 desaparecidos. O pesqueiro, que pertence ao armador galego Manuel Nores, representante do Grupo Nores, estaba na zona de Terranova cando ao redor das 6 da madrugada se produciu o naufraxio. A tripulación estaba formada por 24 integrantes, 16 con DNI español. Aínda se descoñece de que zona son as vítimas. Os servizos de salvamento traballan na zona nos labores de localización e rescate.