RIBEIRA> O servizo prolongaríase por unperíodo de dous anos e o Concello destinará a este fin uns 400 mil euros.
O concello de Ribeira recibiu un total de catro ofertas para a adxudicación do servizo de reparación, mantemento, acondicionamento e melloras de vías e espazos de uso público no municipio.
A finalidade deste contrato, cun orzamento de 400 mil euros e cunha vixencia de dous anos, non é outro que manter en óptimo estado os espazos públicos municipais, proporcionando unha maior seguridade no uso, así como evitar o seu deterioro.
En definitiva, será un servizo complementario o que ofrece actualmente a brigada de obras municipal.
O executivo ribeirense agarda que a adxudicación deste novo contrato se faga efectiva xa na primeira quincena de marzo.