A CORUÑA> A dirección do Partido Popular na Coruña, encabezada polo seu presidente, Carlos Negreira, xa convocou os primeiros congresos locais que terán lugar na primera quincena do mes de marzo en distintas localidades da provincia, entre as que se atopan Noia e Dodro. Estas primeiras reunións servirán para abrir o proceso de renovación das diferentes xuntas locais da provincia, e significarán o pistoletazo de saída de cara as eleccións Municipais que se celebrarán o vindeiro ano. A intención do PP coruñés pasa, por unha vez celebrados os comicios europeos, continuar con estes encontros. En Noia, está prevista para o 8 de marzo, mentres que en Dodro está fixada para o día 15 ás once e media da mañá.
Inicio Galicia