A Xunta convoca axudas para aloxamentos turísticos e restaurantes

A POBRA> A Xunta de Galicia convoca unha nova orde de axudas para establecementos turísiticos. Así o anunciou o delegado provincial, Gonzalo Trenor, nunha visita realizada esta mañá o cámping Ría de Arousa na Pobra.

Xa está publicada a nova convocatoria de axudas, por valor de dous millóns de euros, para financiar melloras nos establecementos turísticos do aloxamento e restauración. Así o comunicou o delegado da Xunta na provincia da Coruña na súa visita ás instalacións do cámping Ría de Arousa, un dos establecementos beneficiados por esta orde de subvencións na pasada convocatoria.

Grazas a esta subvención, o cámping viu notablemente melloradas as súas instalacións co acondicionamento dos bungalows e a instalación dun lector de matrículas para controlar o acceso de vehículos.

O pasado ano, beneficiáronse desta convocatoria sete negocios tanto de aloxamento como restauración na comarca do Barbanza cun importe total de 100 mil euros. O delegado fixo un chamamento ós empresarios a solicitar estas axudas que ademais da modernización das instalacións permitirán acometer obras para eliminar barreiras arquitectónicas, mellorar a eficiencia enerxética ou avanzar nos sistemas de dixitalización.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí