A POBRA> As instalacións de ‘Máis que Pádel’ acollerán o Torneo Cuadrangular Comarcal que se celebrará na Pobra entre o 9 e o 10 de xullo. Na competición estarán representados os mellores xogadores dos catro concellos do Barbanza.
Os afeccionados ó pádel teñen unha cita na Pobra a fin de semana do 9 e 10 de xullo cando se celebrará o Cuadrangular Comarcal Barbanza Arousa. Participarán catro equipos en representación de cada un dos concellos da comarca, integrados por dez xogadores cada un.
O sábado disputaranse as semifinais co encontro entre Ribeira e A Pobra pola mañá e Boiro e Rianxo pola tarde. O equipo gañador recibirá dez trofeos, un por cada xogador.