A Mancomunidade do Salnés e Fepragal alíanse para promocionar os produtos das prazas de abastos

SANXENXO> A Mancomunidade do Salnés e Fepragal asinan un convenio para promocionar os produtos das prazas de abastos. Mediante esta colaboración, o obradoiro de hostalería elaborará diferentes pratos que serán gravados e amosados nos mercados de abastos locais. As receitas tamén serán incluídas no segundo dietario de pratos tradicionais da mancomunidade do Salnés.

A mancomunidade do Salnés continúa apostando pola promoción dos negocios locais e alíase con Fepragal para poñer en valor os produtos das prazas de abastos. Mediante esta colaboración, o obradoiro de hostalería elaborará diferentes pratos que serán gravados e amosados nos mercados de abastos.

Con este acordo, a mancomunidade busca promocionar os produtos e apoiar aos traballadores e traballadoras das prazas de abastos.

Para Fepragal, esta colaboración é unha oportunidade para amosar a calidade dos seus produtos.

A colaboración inclúe tamén a promoción destas receitas no segundo dietario de produtos tradicionais galegos da mancomunidade do Salnés.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí