Cáritas de Ribeira celebra este venres o seu Festival de Nadal

RIBEIRA> Cáritas Parroquial de Ribeira celebrará este venres o seu festival de Nadal. Varias grupos tradicionais e bandas locais forman parte do elenco de artistas que tomarán parte nesta iniciativa solidaria.

Dende hai máis de trinta anos, Cáritas de Ribeira vén organizando un festival solidario durante o Nadal. Trátase dunha iniciativa solidaria para recadar fondos a través da venda de rifas pero sobre todo busca concienciar á sociedade sobre a necesidade de combater a pobreza.

A cita será este venres a partir das oito da tarde no auditorio municipal de Ribeira e contará coa actuación de varios grupos tradicionais e bandas locais, cun cantante lírico como convidado especial.

A entrada é gratuíta pero os asistentes poderán colaborar a través da compra de rifas coas que entrarán no sorteo de numerosos agasallos doados polo comercio local.