As familias da tripulación do Villa de Pitanxo piden á investigación ‘que saia a verdade’

PONTEVEDRA> Familiares da tripulación do Villa de Pitanxo declararon esta mañá ante a comisión oficial que investiga o naufraxio. Durante case tres horas, seis familias responderon ás preguntas dos investigadores, que traballan para botar luz sobre as circunstancias que rodearon o afundimento do pesqueiro o pasado 15 de febreiro en Terranova.

A subdelegación do Goberno en Pontevedra acolleu hoxe un novo paso na investigación do naufraxio do Villa de Pitanxo. Durante case tres horas, seis familias dos mariñeiros prestaron declaración ante a comisión oficial que investiga o naufraxio.

As familias queren botar luz sobre o que aconteceu na madrugada do 15 de febreiro en Terranova e nas circunstancias que rodearon o afundimento do pesqueiro.

Son conscientes, iso si, de que o proceso será longo e difícil.

En canto ás outras reclamacións, as familias da tripulación aseguran que ata o de agora descoñecen se hai avances na busca dunha empresa especializada que conte con robots que descendan ata o lugar do naufraxio. O que xa desbotan é que Canadá retome a busca.

Esta semana, tamén declararon ante a comisión de investigación de accidentes e incidentes marítimos os tres superviventes do naufraxio.