Todo a punto para a reapertura da piscina municipal de Rianxo

RIANXO> Aínda que xa estaban autorizados a abrir dende a fase 3, a empresa concesionaria da piscina municipal de Rianxo decidiu agardar para garantir a total seguridade na volta á actividade. As instalacións abrirán as súas portas o luns con estritas medidas de control e limpeza.

O equipo de profesionais que xestiona a piscina municipal de Rianxo ultima os preparativos para a súa posta a punto. Reabrirán este luns ó setenta e cinco por cento de capacidade e con estritas medidas de seguridade como o control de temperatura ós usuarios e o reforzo da limpeza e desinfección. 

A volta será progresiva e irán incorporando novos servizos segundo evolucione o funcionamento das instalacións e a demanda dos usuarios. 

A pesar de ter que pechar as instalacións durante tres meses, este servizo sairá reforzado trala crise. A obriga de reorganizar espazos supuxo unha oportunidade para optimizar o seu rendemento. 

Ademais dos cambios nas propias instalacións, o concello puxo á súa disposición tanto o pavillón como un espazo alternativo para desenvolver actividades mentres se manteñan as restricións sanitarias.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí