O obradoiro da Lanzada organiza unha cata degustación dos queixos galegos con denominación de orixe

O GROVE> O obradoiro de hostalería A Lanzada organiza unha xornada de degustación dos queixo galegos con denominación de orixe. Os alumnos recibiron unha clase teórica sobre a produción dos queixos e a continuación os degustaron cunha cata. Estas xornadas permiten ao alumnado aumentar os seus coñecementos sobre un produto típico da terra.

A comunidade galega conta con catro queixos con denominación de orixe. Un produto típico de Galicia pero do que non toda a veciña é capaz de distinguir as catro variedades máis destacadas: Tetilla, San Simón, Arzúa e Cabreiro. Para coñecer máis en detalle este produto, o obradoiro da Lanzada organizou unhas xornadas de degustación para o seu alumnado.

A xornada comezou cunha explicación sobre a orixe destes queixos e continuo coa cata degustación.

Precisamente aumentar a formación e a especialización do alumnado é o obxectivo principal tanto do obradoiro como destas xornadas.

Grazas a esta especialización, o alumnado do obradoiro de hostalería da Lanzada recibe numerosas ofertas laborais ao terminan a formación.

Tras esta xornada, o obradoiro xa prepara outras charlas con máis produtos típicos da terra como a tenreira ou a pataca. Isto compleméntase con xornadas de portas abertas para que o alumnado poña en práctica todo o aprendido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí