A folga do transporte pasa factura nos negocios das Rías Baixas

VILAGARCÍA, VILANOVA> A folga dos transportes comeza a pasar factura en diferentes negocios da nosa contorna. Un dos sectores máis afectados é o da automoción, xa que os talleres necesitan recambios de pezas practicamente a diario. No caso da alimentación os supermercados das marcas máis coñecidas vense máis limitados que os pequenos negocios, ao non contar con almacenaxe propio. Os comercio vense menos involucrados agás os de electrodomésticos, que comezan a quedarse xustos de stocks.

O alto prezo do combustible levou a unha parte sector do transporte a convocar unha folga para premer ás administracións a tomar medidas. Este parón xa comeza a pasar factura entre os negocios da nosa contorna. Un dos máis afectados é o da automoción.

Ao necesitar recambios a diario, os talleres ven como se reduce o seu stock.

Nunha situación similar atópanse os supermercados das marcas máis coñecidas xa que os seus produtos proveñen de almacéns.

No caso contrario están os supermercados de proximidade. Os pequenos negocios si contan co seu propio almacén e non teñen problemas á hora de repoñer o seu stock. Tranquilizan aos seus clientes sinalando que non quedarán sen produtos.

Onde si se ven afectados todos os negocios de alimentación é nos prezos, xa que os produtos subiron. Aínda así os pequenos comercios volven a matizar que ao contar co seu propio almacén esta subida é máis lenta. O sector comercial tamén esquiva as consecuencias desta folga, aínda que as tendas de electrodomésticos comezan a ver reducido o seu stock.

Dende todos os sectores agardan que a folga remate pronto, que a situación non lles repercuta de forma máis grave e que os produtos recuperen os seus prezos normais.