Oito alumnos participan no segundo obradoiro de soldadura que organiza a Mancomunidade do Salnés

MEAÑO> Xa está en marcha a segunda edición do obradoiro de soldadura que impulsa a Mancomunidade do Sanlés. Estase a levar a cabo nunha empresa do Polígono da Pedreira, en Meaño. Trátase dun sector cunha demanda moi alta de traballadores cualificados, polo que a saída laboral do alumnado que se está a formar está máis que garantida.

Oito alumnos participan na segunda edición do obradoiro de soldadura que organiza a Mancomunidade do Salnés dentro do seu programa de Emprego. Estase a desenvolver nas instalacións de Censol, unha empresa asentada no polígono da Pedreira, en Meaño.  Trátase dunha saída laboral cunha demanda moi elevada nestes momentos, nos que a empregabilidade está garantida.

O alumnado deste obradoiro non só pode remata-la súa formación cun contrato de traballo, senón que ademais, consegue un emprego ben remunerado.

O responsable desta empresa é tamén o mestre que está a ensinar a este grupo o oficio. Ademais deles, que reciben esta aprendizaxe grazas á Mancomunidade, por aquí pasan moitos outros mozos na procura dunha boa saída laboral.

O grupo está composto por sete homes e unha muller. Alba estaba no paro e decidiu buscar un traballo adentrándose nun sector tradicionalmente masculinizado.

En conxunto, nestes momentos o programa de emprego do organismo comarcal está ofrecendo formación laboral en distintos ámbito a un cento de persoas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí